BIM. GIS. Catastro.

Levantamentos.

Asistencia técnica en obras.

Esforzámonos para coñecer as necesidades dos nosos clientes, isto permítenos adecuar a oferta as súas preferencias e expectativas. Estamos comprometidos co tempo de entrega, a calidade e a honestidade:

Dixitalización de planos

Pasamos planos en papel a arquivos xeorreferenciados en formato dxf/dwg.

Levantamentos urbanos, rústicos e interiores

O levantamento topográfico é a primeira fase do estudo técnico e descritivo dun terreo. É a recompilación de datos para representar gráficamente o terreo, incluíndo as súas dimensións, elevacións, depresións e alteracións debidas á intervención do home.

Permite coñecer o estado actual de calquera lugar para posteriormente poder planear, desenvolver ou modificar calquera proxecto.

Realizamos o levantamento aplicando métodos de topografía clásica e combinándoo con fotogrametría aérea con drons.

Servizos para edificación:
xeotecnia + topografía + delineación

Desde a entrada en vigor da Lei de Ordenación de Edificación (LOE) e o Documento Básico de Seguridade Estrutural ( CTE), é necesario o Informe Geotécnico sempre que se realicen actuacións sobre o terreo. Esíxese tamén por parte do Concello un levantamento topográfico referenciado. Xestionamos servizos de geotecnia a través de empresas colaboradoras.

Catastro. Medicións de leiras

Por que é necesario medir a leira? Para representala gráficamente nun plano e determinar con exactitude a súa localización, a súa forma, dimensións e superficie. Débese facer por diversos motivos: diferenzas gráficas co Catastro, Rexistro da Propiedade, edificabilidade, operacións inmobiliarias, parcelación, concentración parcelaria, segregación, particións, agrupacións ou agregacións, expropiación forzosa...

Informe de Validación Gráfica Alternativa.

Asistencia técnica

Solicite orzamento sin compromiso en Galitop

Contacte con Galitop para obter información sobre a medición das súas leiras e parcelas.