Medición de leirasen Metra-Galitop

Por que medir unha leira?

É necesario medir a leira para representala gráficamente nun plano e determinar con exactitude a súa localización, a súa forma, dimensións e superficie. Débese facer por diversos motivos: diferenzas gráficas co Catastro, axustar a súa superficie para o Rexistro da Propiedade, operacións de parcelación, concentración parcelaria, segregación, particións por motivos de herdanza, agrupación ou agregación, expropiación forzosa, para realizar unha operación de compra ou venda, edificabilidade, delimitación precisa das lindes por un conflito cos veciños…

Leira, parcela ou solar?

  • Leira é unha propiedade inmoble que ten un propietario e está delimitada. Pode ser rústica, urbana ou industrial.
  • Parcela é un chan delimitado fisicamente que provén doutro máis grande.
  • Solar é unha porción de terreo onde se edificou ou que se destina a edificar. É un chan edificable.

Que é o Catastro, o rexistro da propiedade e a notaría?

  • O Catastro é un censo dos bens inmobles dunha determinada poboación que contén a descrición física, económica e xurídica das propiedades rústicas e urbanas. É a base sobre cárgase o imposto de bens inmobles: IBI. É utilizado ademais pola administración para elaboración de proxectos de obra pública.
  • O Rexistro da Propiedade é un arquivo ou rexistro onde se fan constar os bens inmobles que hai nun lugar xunto co nome dos seus propietarios, os dereitos e as cargas fiscais que pesan sobre eles.
  • O notario é un funcionario público que ten autoridade para dar fe dos actos públicos realizados ante el e redacta e garante documentos, como testamentos, contratos, escrituras de compra e venda...

Contacte con Metra-Galitop para obter máis información sobre a medición das súas leiras e parcelas.

Que é a xeorreferenciación?

A xeorreferenciación dunha leira

O termo Geo é un prefixo de orixe grega relativo á terra. Xeorreferenciar unha parcela é a técnica que nos permite situala no espazo de maneira única, é dicir, atribúelle unha localización xeográfica exclusiva, definida por unhas coordenadas xeográficas nun sistema determinado. Estas coordenadas permitirannos volver marcar no terreo os límites da parcela. Exprésase cun sistema de referencia, un sistema de proxección e as súas coordenadas. No caso de España o sistema de referencia oficial é o coñecido como ETRS89 (e tamén REGCAN95 en Canarias) e a proxección utilizada é a U.T.M.

Gerardus Mercator, natural de Flandes (Bélxica),1512-1594, é un dos cartógrafos máis lembrados. Estudou matemáticas, astronomía, xeografía, e gravado. Sentou as bases do sistema U.T.M. (Universal Transversal Mercator). O sistema de proxección U.T.M. consiste, basicamente, en representar ou proxectar a superficie esférica da terra sobre un cilindro. Os paralelos e meridianos represéntanse mediante liñas formando unha cuadrícula, o eixo X está é o ecuador e o eixo Y no meridiano.

Que nos di a referencia catastral?

A referencia catastral é o identificador oficial dos bens inmobles. Consiste nun código de letras e números que é asignado polo Catastro de maneira que todo inmoble debe ter unha única referencia catastral que permita situalo inequivocamente na cartografía catastral.

Referencia Catastral Urbana: Exemplo: 969123VG5698N001WX

Valores de la escala

Referencia Catastral Rústica: Exemplo: 12097B015000440000RD

Valores de la escala

Que é o GML?

GML (Lenguaje de Marcado Geográfico) é un ficheiro informático que permite o intercambio de información entreo Rexistro da Propiedade, o catastro e notarías, desta forma unifícanse os datos presentados por estas tres visións. O GML dunha parcela catastral é unha representación planimétrica na que se inclúen as coordenadas da parcela, o su perímetro, a superficie, os linderos, a súa identificación numérica e o sistema de referencia concreto que se utilizou.

Que é o RGA?

A representación gráfica alternativa ( RGA) é unha representación gráfica en formato dixital que difire da contida na certificación catastral descritiva e gráfica dun inmoble, ao entender o titular que esta non se axusta coa realidade física. É un plano xeorreferenciado, que delimita de maneira precisa a localización da leira, mediante a expresión das súas coordenadas correspondentes a cada un dos seus vértices, referidas ao sistema geodésico oficial.

Que é a nova lei de Catastro 13/2015?

24 de xuño, Reforma da Lei Hipotecaria e do texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, establecen un sistema de coordinación entre o Catastro Inmobiliario e o Rexistro da Propiedade, para que este incorpore a descrición gráfica xeorreferenciada á descrición das leiras rexistrais, utilizando como base a cartografía catastral. O catastro e Rexistro da Propiedade moitas veces non coincidían, creando un caos que dificultaba o labor dos notarios, e do cal sempre saía prexudicado o particular, que ás veces non atopaba identidade entre a súa leira rexistral e a súa parcela catastral, isto evítase coa validación GML en catastro.

Ver guía de xestión da Información Catastral Acceso á sede electrónica do Catastro Ir á guía de servizos da Sede electrónica de Catastro

Que é a escala?

Escala é unha relación matemática que existe entre as dimensións reais e as do debuxo.

Escala: DIMENSIÓN EN DEBUXO DIMENSIÓN NA REALIDADE

Valores de la escala

Unidades de superficie

Algunhas das unidades de superficie máis empregadas:

  • Metro cuadrado (m²) é o área comprendida nun cadrado cuxos lados miden un metro.
  • Centiárea: equivale a un metro cadrado. 1Ca=1 m².
  • Área é un decámetro cadrado que ten 100 m².
  • Hectárea equivale a 10000 metros cadrados.

Ver o conversor de unidades de superficie galegas

Solicite presuposto sen compromiso en Metra-Galitop

Poñerse en contacto